Será unha ferramenta de investigación, información, consulta e asesoramento para todos os axentes interesados na enerxía eólica en Galicia. O noso grupo de investigación, baixo a dirección de Xavier Simón Fernández, será o encargado do seu desenvolvemento.
O GIEEAH participa nunha xornada informativa pola eólica en Corme
O vindeiro venres 23 de novembro o investigador do GIEEAH Damián Copena participará na Xornada organizada por veciñas e veciños de Corme en relación co repotenciamento do parque eólico existente nesta localidade coruñesa
A Tese do investigador do GIEEA Damián Copena gaña o Premio “Jesús García Calvo”
O traballo do membro do Grupo de Investigación en Economía Ecolóxica e Agroecoloxía da Universidade de Vigo, Damián Copena Rodríguez, foi escollido como gañador da terceira edición do premio “Jesús García Calvo” en investigación en Desenvolvemento Rural e Cooperación na modalidade de Teses de Doutoramento. O Premio, que é convocado conxuntamente, con carácter anual, polo Instituto Universitario de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (IDEGA) da USC e a Fundación Feiraco, foi entregado o pasado luns en Santiago de Compostela.
Efectos electromagáneticos das Liñas de Alta Tensión
En colaboración coa Asociación AGRELAR e coa CMVMC de Sela (Arbo), participamos na organización de unha xornada de concienciación social sobre os impactos ambientais e sociais das Liñas de Alta Tensión. O evento desenvolverase o 12 de marzo, en Arbo, e contará coa presenza de investigadores, representantes dos movementos sociais e representantes políticos nos parlamentos portugués, español e europeo
O GIEEA continua asesorando a axentes rurais nos parques eólicos en tramitación
Os membro do GIEEA continúan a realizar tarefas de asesoramento a propietarios, concellos e plataformas en relación aos parques eólicos que se atopan en tramitación administrativa
O GIEEA visita Cotobade para asesoramento a propietarios de monte
Convidados pola Mancomunidade de Montes en Man Común de Cotobade (Pontevedra), investigadores do GIEEA participaron o luns 8 de xullo nun encontro con propietarios para transferir coñecemento e facilitar a toma de acordos polas asembleas de propietarios.
O GIEEA continúa coas tarefas de asesoramento nos novos parques eólicos
O Grupo de Investigación en Economía Ecolóxica e Agroecoloxía (GIEEA) da Universidade de Vigo continúa a realizar nestas últimas semanas tarefas de asesoramento relacionadas con procesos vinculados cos novos parques eólicos a diversos propietarios rurais e plataformas cidadás das catro provincias galegas.