Máis aló do prato. Analizando a dieta alimentaria na miña contorna
O Grupo de Investigación en Economía Ecolóxica e Agroecoloxía, en colaboración coas Universidades de León e de Oviedo e coa Cooperativa SomosTerra, é parte da iniciativa 'En Galego! Investigación e divulgación científica da Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo. Segundo explicou Fernando Ramallo, Director da ANL, “as guías están especificamente pensadas e deseñadas para tratar de espallar nos centros de secundaria os coñecementos que sobre temáticas diversas están a desenvolver grupos de investigación da UVigo, cunha intención fundamentalmente divulgativa”. Trátase de 4 guías didácticas, tituladas Saúde e os seus coidados no camiño miñoto ribeiro; En galego 24/7. Da minorización ao neofalantismo; Procesos de separación e Máis aló do prato. Analizando a dieta alimentaria na miña contorna. Esta última é a guía elaborado polo equipo coordinado por Xavier Simón, responsábel do GIEEA.
Programa do VIII Congreso Internacional de Agroecoloxía (versión global)
O Comité De Organización do VIII Congreso Internacional de Agroecoloxía acaba de facer público o proceso de selección de comunicacións científicas e experiencias innovadoras. Durante máis de 6 meses, e coa ameaza da cancelación como consecuencia da COVID-19, ata 200 traballos foron chegando a mans da organización. Finalmente, 120 traballos son os presentados tanto como presentacións orais como pósters.
Mesas de Debate no VIII Congreso Internacional de Agroecoloxía
Temos en marcha unha convocatoria para presentar traballos académicos e experiencias en diferentes ámbitos temáticos. A continuación presentamos cada unha desas opcións, sinalando que se busca, quen coordina e cales son as datas a ter en conta.
Emma Siliprandi, palestrará sobre feminismo no VIII Congreso Internacional de Agroecoloxía
Desde 2013 é Oficial de Agricultura da FAO onde coordinou numerosos proxectos enfocados nas políticas de seguridade alimentaria e apoio da agricultura familiar en diferentes países de América Latina e o Caribe
Encontro aberto para Pensar unha alimentación máis próxima na área de Ribadeo
O venres 22 de marzo dende a rede ReVOLTA da que forma parte o GIEEAH organízase a xornada Pensar unha alimentación máis próxima, que terá lugar no Centro de formación e experimentación agroforestal “Pedro Murias” de Vilaframil, Ribadeo.
Xornada de Debate e Formación sobre Comedores Escolares
Xornada para debatermos con profesionas sobre experiencias para construír sistemas sustentables de alimentación desde as escolas
DEBATES SOBRE A ECONOMÍA MUNDIAL……. DAS PERSOAS?
Para completar a formación regrada, para dar entrada nas nosas mentes a argumentos diversos, para dar voz aos movementos sociais de base, para tratarmos colectivamente temas de enorme actualidade social, para todo isto e moito máis, o GIEEA organiza unha actividade de debate arredor de probemas globais que padecemos as persoas. Será o venres 1 de abril na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Vigo.
VI Congreso internacional de Agroecoloxía
O Grupo de Investigación en Economía Ecolóxica e Agroecoloxía da Universidade de Vigo organiza o VI Congreso Internacional de Agroecoloxía que vai a ter lugar en Vigo os días 16 e 17 de xuño de 2016. O lema escollido para esta edición é o de “Cambiando os modelos de consumo para construír sistemas agroalimentarios sustentables”
O GIEEA participa no FORO TRIVES 2015
O vindeiro xoves 10 de decembro o GIEEA participará no FORO TRIVES 2015, xornadas de estudo sobre a situación actual do medio rural e as iniciativas de desenvolvemento sostible.
Innovación e comunidades eixo do Encontro Rural Imaxinado
O próximo venres 13 de novembro Lalín acolle o Encontro Rural Imaxinado: Do presente ao futuro porvir organizado pola rede de grupos de investigación ReVOLTA, da que forma parte o GIEEA
O GIEEA informa
O GIEEA participa no III Foro Apícola
O III Foro Apícola, organizado pola Asociación Galega de Apicultura, terá lugar o vindeiro 6 de xuño en Arzúa. No evento trataranse os temas máis actuais do ámbito da apicultura e se presentarán estudos e innovacións apícolas.
O GIEEA participa no Master de Agricultura Ecolóxica organizado pola Universitàt de Barcelona
Vai a ter lugar unha nova edición do Master de Agricultura Ecológica organizado por la Universitàt de Barcelona.
Avance: O II Gran Feirón Ecolóxico e Alternativo terá lugar o 17 de maio de 2015 no Parque da Visoureira no centro cultural en Guláns, Ponteareas
Bens Comúns, prácticas e debates
O GIEEA, como parte da Rede Revolta, participará na Xornada Aberta Matinal que organiza Comunaria o vindeiro 8 de novembro en Madrid.
Revolta, ou como pensar o rural desde unha óptica agroecolóxica
O GIEEA forma parte da Rede Revolta, creada ao amparo da Orde do 14 de maio de 2014 da Xunta de Galicia, pola que se regulan as axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas do Sistema Universitario de Galicia.
I Xornadas. A Sostibilidade Ambiental Universitaria a Debate
Xavier Simón, en representación do GIEEA, vai a participar neste foro sobre a sostibilidade ambiental universitaria nun contexto europeo, centrado especialmente nas liñas de investigación ligadas á sostibilidade nas universidades galegas e as suas repercusións na propia institución, así como o seu potencial papel no liderado da sociedade
A Asociación Cultural Meiro de Bueu organiza os XVI Encontros co Millo Corvo do 28 ao 30 de marzo con diversas actividades como roteiros, obradoiros, presentación de libro, charlas e actuacións musicais.
xornadas “Crise e recuperación económica: novos retos para os dereitos dos consumidores”
Adicae Galicia-Consumidores Críticos, Responsables y Solidarios- vai celebrar ó longo dos vindeiros meses o ciclo de xornadas “Crise e recuperación económica: novos retos para os dereitos dos consumidores”. A PRIMEIRA DESTAS XORNADAS TERá LUGAR ESTE MARTES 11 DE MARZO A PARTIR DAS 17:30 HORAS NA FACULTADE DE CIENCIAS ECONóMICAS E EMPRESARIAIS DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
III Edición do Mercado Ecolóxico e Artesanal de Bueu
O vindeiro domingo 16 de marzo celebrarase a III edición do mercado ecolóxico na Praza Massó, durante todo o día. Haberá diferentes actividades: obradoiros e tamén de 14.00 ás 16.00 h. un xantar ecolóxico que servirá Casa Quintela, previa reserva.
A COOPERATIVA ÁRBORE PREMIA A LABOR DO GIEEA
A Cooperativa de Consumo Consciente Árbore premia anualmente a través do Recoñecemento Social a labor de colectivos e persoas que traballan a prol dun consumo consciente e polo tanto de unha producción respectuosa co medio e coas persoas. Neste ano desde Árbore quixeron facer un recoñecemento ao traballo do GIEEA
O GIEEA participa nos obradoiros de aqui, xusto e ecolóxico
O GIEEA ten participado nos obradoiros de Redondela e de Verín do Proxecto de aqui, xusto e ecolóxico mostrando iniciativas dinamizadoras do rural galego
Actividades de Custodia do Territorio nas Mariñas coruñesas e nas Terras do Mandeo
Co obxectivo de fomentar as iniciativas de protección do territorio, a Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas–Betanzos, xunto coa Fundación Fragas do Mandeo, organiza do 22 de setembro ao 6 de outubro a II Semana de Custodia do Territorio nas Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, na que se desenvolverán diversas actividades (conferencias, accións de voluntariado e xornadas de campo).
GIEEA participa en Mestrado Agricultura Ecolóxica
Moitos anos de docencia e experiencia no ámbito da agricultura ecolóxica avalan o Mestrado de Agricultura Ecolóxica organizado pola Universitàt de Barcelona.